Proxecto EXE (Empresa Xoven Europea) no IES "David Buján" de Cambre (A Coruña)

Co inicio do curso 2006-07, o Departamento de Economía do IES David Buján de Cambre puxo en marcha o proxecto "Empresa Xoven Europea" cun grupo de alumnos/as de 4º ESO-B. O alumnado elixiu a denominación de "GALIMERCA" para a sociedade cooperativa creada na aula.

20 junio 2007

GALIMERCA EN "LA VOZ DE GALICIA" DO MÉRCORES 20 DE XUÑO DE 2007

19 junio 2007

GALIMERCA DONA PARTE DOS SEUS BENEFICIOS Á ONG "AXUDA EN ACCIÓN"

Paula Santiago Pier, a Presidenta de Galimerca, no momento de
facer entrega do donativo á representante de "AXUDA EN ACCIÓN".

O martes día 19 de xuño, unha representante da Delegación que a ONG "AXUDA EN ACCIÓN" ten na Coruña, achegouse persoalmente ó noso centro educativo para recoller o donativo que os/as alumnos/as de Galimerca decidiron realizar a esta ONG que leva a cabo accións planificadas de desenvolvemento integral en varias comunidades do mundo.
Ademais de asistir a unha pequena charla por parte da representante, o alumnado tivo a oportunidade de ver unha película moi interesante sobre un proxecto que esta ONG está levando a cabo na provincia de Nueva Segovia (Nicaragua).
Por outra banda, o alumnado foi informado de que o seu donativo será destinado a contribuír ó financiamento dun proxecto de mellora da calidade educativa no municipio de Liure (Honduras).

03 junio 2007

FEIRA DE CAMBRE SÁBADO 2 DE XUÑO DE 2007





































26 mayo 2007

O SÁBADO DÍA 2 DE XUÑO NA FEIRA DE CAMBRE

O VINDEIRO DÍA 2 DE XUÑO (SÁBADO) ACUDIREMOS Á FEIRA DE CAMBRE A VENDER OS PRODUTOS INTERCAMBIADOS COA COOPERATIVA ESCOLAR ÁVALON DO CENTRO SOCIO IES CARREÑO MIRANDA DE AVILÉS.

ESPERAMOS A VOSA VISITA.

MOITAS GRAZAS.

18 abril 2007

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA

Colgantes de Sargadelos (ref.:1)
Orixinais colgantes de Sargadelos realizados en porcelana dura. Os decorados están aplicados baixo
a cuberta polo que son indelebles a todo tipo de agresión física ou química. O deseño dos decorados
responde en gran parte a interpretacións dos diferentes estilos artísticos, cultos e populares, producidos en Galicia ao longo da historia. O complexo industrial de Cerámicas do Castro iniciou as súas actividades en 1949 e as súas instalacións atópanse en O Castro de Samoedo (Sada-A Coruña).
Prezo: 9

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA

Pendentes trisquel con borde (ref.: 2) e sen borde (ref.: 3)
Pendentes feitos en prata con forma de trisquel.
Diámetro: 0,9 cm.
Prezo: 8,50

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA

Chourizos Vermellos (ref.: 4)
Deliciosos chourizos galegos con sabor doce envasados ao vacío. Especial para cocido e parrilladas
semicurado e afumado ao natural con leña de carballo.
Paquetes de 250g
Prezo: 2,50

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA

Galletas Mariñeiras (ref.: 5)
Galletas de alta calidade, elaboradas artesanalmente, sen aditivos nin colorantes, con lecitina de soia que facilita a eliminación de colesterol e mellora o rendemento intelectual. Estas galletas ruxintes son moi dixestivas e recomendables para nenos, maiores ou persoas con problemas de acidez de estómago.
Ideais para o almorzo (con mel, marmelada, queixo, …), para preparar calquera tipo de canapés ou
para picar a calquera hora.
Conservación: máis de 5 meses no envase e máis de 1 mes co envase aberto.
Paquetes de 250g
Prezo: 1,70

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA


Mel (500 grs.): (ref.: 6)
Produto elaborado a partir de flora autóctona e silvestre sen utilización de ningún produto químico. Esta mel non foi quentada en ningún momento para preservar mellor todas as súas propiedades.
Ideal para acompañar iogur, queixo fresco e infusións. Tamén como ingrediente na elaboración de numerosos postres.
Envase de cristal de 0,5kg
Prezo: 4,20

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA

Queixo Denominación de Orixe Arzúa Ulloa (ref.:7)
É un queixo de leite de vaca, suave, cremoso, de aroma lácteo que lembra o olor da manteca e o iogur, con matices de vainilla, nata e noz de intensidade débil, cun sabor suave, pouco salado e de acidez baixa ou media.
Conservación: Durante tres meses na neveira.
É un queixo idóneo para consumir só ou con pan, sendo moi axeitado para combinar con doce de marmelo ou mel. Tamén está moi rico con noces e doutras moitas maneiras. Emprégase como aperitivo ou postre, e como integrante da elaboración de diversas comidas ou postres elaborados (pois é un queixo que funde moi ben).
Peso: 1kg
Prezo: 6

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA


Tarta de Santiago
É un dos doces máis típicos da repostería galega, trátase dun delicioso biscoito con sabor a améndoas que se presenta baixo a forma da cruz de Santiago. Como xa sabemos, é un postre
típico de Santiago de Compostela. Tense constancia sobre a elaboración de esta tarta e o seu consumo en manuscritos que datan do ano 1.577.
Peso: 750g
Prezo:
Artesá: 7,50
€ (Ref.: 8 a)
Económica: 5,50 € (Ref.: 8 b)

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA

Licor de herbas (ref.:9)
Licor galego elaborado a partir de diferentes tipos de herbas seleccionadas e secadas, que despois
son maceradas en augardente.
Prezo (botella 0,70l): 8

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA


Algas ao natural (ref.:10)
As algas ao natural están compostas de dúas diferentes algas de mar recollidas frescas e envasadas na proporción axeitada que confiren ao conxunto, ademais do sabor e textura indicada para unha boa gastronomía, unha serie de propiedades nutritivas esenciais para o
organismo.
As algas envasadas corresponden a dous tipos:
Himanthalia elongata e Saccorhiza polyschides, procedentes da costa de Galicia e recollidas no mar na época do seu desenvolvemento. Estas algas elabóranse cortándoas e limpiándoas axeitadamente, para posteriormente cocelas e enlatalas engadíndolles auga e sal e esterilizándoas para a súa conservación.
Ingredientes: Algas mariñas, sal e auga.
Conservación: 5 anos.
Envases: 125 g
Prezo: 2,50

17 abril 2007

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA


Castañas asadas en almíbar: (ref.: 11)
As castañas son recollidas e seleccionadas durante os meses de Outubro e Novembro nos vales da
provincia de Ourense. Procésanse asándoas con leña e envásanse con almíbar lixeiro preparado con auga e zucre. Péchase o envase e esterilízase para a súa conservación.
Ingredientes: Castañas, zucre e auga.
Conservación: 5 años.
Envase: 425 g
Prezo: 5

22 diciembre 2006

ESTE É O NOSO ORGANIGRAMA