Proxecto EXE (Empresa Xoven Europea) no IES "David Buján" de Cambre (A Coruña)

Co inicio do curso 2006-07, o Departamento de Economía do IES David Buján de Cambre puxo en marcha o proxecto "Empresa Xoven Europea" cun grupo de alumnos/as de 4º ESO-B. O alumnado elixiu a denominación de "GALIMERCA" para a sociedade cooperativa creada na aula.

18 abril 2007

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA


Algas ao natural (ref.:10)
As algas ao natural están compostas de dúas diferentes algas de mar recollidas frescas e envasadas na proporción axeitada que confiren ao conxunto, ademais do sabor e textura indicada para unha boa gastronomía, unha serie de propiedades nutritivas esenciais para o
organismo.
As algas envasadas corresponden a dous tipos:
Himanthalia elongata e Saccorhiza polyschides, procedentes da costa de Galicia e recollidas no mar na época do seu desenvolvemento. Estas algas elabóranse cortándoas e limpiándoas axeitadamente, para posteriormente cocelas e enlatalas engadíndolles auga e sal e esterilizándoas para a súa conservación.
Ingredientes: Algas mariñas, sal e auga.
Conservación: 5 anos.
Envases: 125 g
Prezo: 2,50