Proxecto EXE (Empresa Xoven Europea) no IES "David Buján" de Cambre (A Coruña)

Co inicio do curso 2006-07, o Departamento de Economía do IES David Buján de Cambre puxo en marcha o proxecto "Empresa Xoven Europea" cun grupo de alumnos/as de 4º ESO-B. O alumnado elixiu a denominación de "GALIMERCA" para a sociedade cooperativa creada na aula.

18 abril 2007

CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA

Colgantes de Sargadelos (ref.:1)
Orixinais colgantes de Sargadelos realizados en porcelana dura. Os decorados están aplicados baixo
a cuberta polo que son indelebles a todo tipo de agresión física ou química. O deseño dos decorados
responde en gran parte a interpretacións dos diferentes estilos artísticos, cultos e populares, producidos en Galicia ao longo da historia. O complexo industrial de Cerámicas do Castro iniciou as súas actividades en 1949 e as súas instalacións atópanse en O Castro de Samoedo (Sada-A Coruña).
Prezo: 9

2 Comments:

  • At 11:36 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Gustariame mercar un dos colgantes de Sargadelos, pero como podo indicar cal deles é o que me gusta?

     
  • At 6:02 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Pode describirnos brevemente cal dos colgantes é o que lle gusta e/ou situalo na fotografía.
    Para realizar pedidos, agradecémoslle que se dirixa vía correo electrónico a galimerca@yahoo.es.
    Moitas grazas polo seu interese.

     

Publicar un comentario

<< Home