CATÁLOGO DE PRODUTOS DE GALIMERCA
Queixo Denominación de Orixe Arzúa Ulloa (ref.:7)É un queixo de leite de vaca, suave, cremoso, de aroma lácteo que lembra o olor da manteca e o iogur, con matices de vainilla, nata e noz de intensidade débil, cun sabor suave, pouco salado e de acidez baixa ou media.
Conservación: Durante tres meses na neveira.
É un queixo idóneo para consumir só ou con pan, sendo moi axeitado para combinar con doce de marmelo ou mel. Tamén está moi rico con noces e doutras moitas maneiras. Emprégase como aperitivo ou postre, e como integrante da elaboración de diversas comidas ou postres elaborados (pois é un queixo que funde moi ben).
Peso: 1kg
Prezo: 6€


0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home