Proxecto EXE (Empresa Xoven Europea) no IES "David Buján" de Cambre (A Coruña)

Co inicio do curso 2006-07, o Departamento de Economía do IES David Buján de Cambre puxo en marcha o proxecto "Empresa Xoven Europea" cun grupo de alumnos/as de 4º ESO-B. O alumnado elixiu a denominación de "GALIMERCA" para a sociedade cooperativa creada na aula.

20 junio 2007

GALIMERCA EN "LA VOZ DE GALICIA" DO MÉRCORES 20 DE XUÑO DE 2007

19 junio 2007

GALIMERCA DONA PARTE DOS SEUS BENEFICIOS Á ONG "AXUDA EN ACCIÓN"

Paula Santiago Pier, a Presidenta de Galimerca, no momento de
facer entrega do donativo á representante de "AXUDA EN ACCIÓN".

O martes día 19 de xuño, unha representante da Delegación que a ONG "AXUDA EN ACCIÓN" ten na Coruña, achegouse persoalmente ó noso centro educativo para recoller o donativo que os/as alumnos/as de Galimerca decidiron realizar a esta ONG que leva a cabo accións planificadas de desenvolvemento integral en varias comunidades do mundo.
Ademais de asistir a unha pequena charla por parte da representante, o alumnado tivo a oportunidade de ver unha película moi interesante sobre un proxecto que esta ONG está levando a cabo na provincia de Nueva Segovia (Nicaragua).
Por outra banda, o alumnado foi informado de que o seu donativo será destinado a contribuír ó financiamento dun proxecto de mellora da calidade educativa no municipio de Liure (Honduras).

03 junio 2007

FEIRA DE CAMBRE SÁBADO 2 DE XUÑO DE 2007